Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Igrexa estudará todas as denuncias presentadas por abusos

A Igrexa estudará todas as denuncias presentadas por abusos

Unha comisión de arbitraxe estudará os abusos que prescribisen e aqueles en que o agresor faleceu

G24.gal 01/02/2024 12:06

A Conferencia Episcopal Española (CEE) aprobou a creación dunha comisión de arbitraxe, prevista no Plan de reparación integral ás vítimas de abusos na Igrexa, para estudar as denuncias presentadas nas oficinas das dioceses que non teñan percorrido no ámbito xudicial, ben porque prescribisen ou porque o agresor falecese.

Así o anunciou este xoves o secretario xeral da Conferencia Episcopal, César García Magán, logo da comisión permanente celebrada esta semana e na que os bispos estudan o Plan de reparación ás vítimas de abusos no seo da Igrexa. 

García Magán avanzou tamén avanzou que será unha comisión de expertos a que faga o traballo de baremación para os casos en que se reclame unha reparación económica. A comisión de arbitraxe terá ámbito nacional e estará formada por distintos perfís entre os que haberá "recoñecidos expertos e con pluralidade de procedencias", desde o ámbito xurídico, civil e canónico, a médicos e psicólogos, segundo detallou o secretario xeral da Conferencia Episcopal. 

Será na Plenaria de marzo cando está previsto que se aprobe este plan de reparación e posteriormente faranse efectivas as reparacións económicas a partir do estudo que, caso por caso, faga a comisión de arbitraxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade