A implantación de Altri en Palas de Rei revoluciona a comarca da Ulloa
A implantación de Altri en Palas de Rei revoluciona a comarca da Ulloa
A multinacional portuguesa de fibras téxtiles xerará 2.500 postos de traballo
O proxecto da fábrica supón un investimento de 800 millóns de euros
É tema de conversa recorrente en Palas de Rei desde que esta semana transcendeu que Altri prevé situar aquí a súa planta, a única do mundo que integra as unidades de fibras solubles e de fibras téxtiles. Xerará arredor de 2.500 postos de traballo. Levala a cabo afectará a todos os ámbitos sociais e económicos desta vila.
A instalación depende, entre outras cuestións, da dispoñibilidade de terreos. Cóntase cunha parcela que responde ás necesidades e que se estende tamén por Melide e Santiso.
A empresa portuguesa investirá 800 millóns de euros. O proxecto, bautizado co nome de "Gama", aspira a financiarse cos fondos Next Generation.