A impureza do Curtocircuíto
A impureza do Curtocircuíto
Remata a edición número 19 do Festival Internacional de curtas de Santiago de Compostela
Curtocircuíto congregou cineastas da importancia de Lois Patiño, Andrew Norman Wilson, Clara Roquet ou Ana Pfaff
A mestura de formatos e a hibridación da diversidade artística foi a protagonista na edición número 19 do Curtocircuíto.
Os premios foron:
Na sección Radar ao mellor filme da sección, a Love & Revenge, de Anhar Salem.
Na Explora ao mellor filme da sección, para Laika, de Deborah Stratman.
O Premio Galiza ao mellor filme galego é para Memory, de Nerea Barros. O xurado concédelle unha mención especial a Elefante, de Aberte Pagán.
O Premio Penínsulas á mellor película da sección é para Diez minutos hasta la medianoche, de Mario Sanz. O xurado concédelle tamén unha mención especial a Femer, de Ana Pfaff e Jaume Coscollar.
O Premio do Xurado Novo á mellor curtametraxe a Subtotals, de Mohammadreza Farzad da sección Radar. O xurado, concédelle tamén a mención especial a Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf da sección Explora.
O Premio CREA á Mellor dirección galega, a Nerea Barros por Memory.