Publicador de contidos
Publicador de contidos

A India indemniza a parella de españois atacada a fin de semana

A India indemniza a parella de españois atacada a fin de semana

Hai tres detidos polo asalto e violación

G24.gal 04/03/2024 17:17 Última actualización 04/03/2024 17:40

A parella española atacada na India recibiu este luns un cheque por valor dun millón de rupias (uns 12.000 dólares) a modo de compensación tras a violación en grupo da muller mentres o marido era gravemente golpeado.

"Démoslle unha compensación dun millón de rupias (uns 12.000 dólares) ao marido. Estamos a realizar unha investigación exhaustiva e tentaremos garantir un xuízo rápido e unha condena", dixo aos medios Anjaneyulu Dodde, comisionado adxunto do distrito de Dumka, no estado norteño de Jharkhand, onde sucedeu o ataque.

A entrega da indemnización tivo lugar na casa de seguridade do Goberno á que os dous viaxeiros, ela de orixe brasileira e nacionalizada española, e o cidadán español, foron trasladados a noite do sábado.

"Moitas grazas ao Goberno de Jharkhand, a Policía está a investigar moi rápido, tres ou catro persoas foron detidas", dixo o marido da muller violada mentres recibía  este luns a petición de perdón de Dodde polo brutal ataque.

A parella, que leva varios meses viaxando para percorrer países de Asia, instalara unha tenda de campaña preto dunha estación policial do distrito de Dumka, para pasar a noite do venres pasado cando preto da medianoite un grupo de homes atacoulles.

Tres detidos

A policía continúa na procura das persoas involucradas no asalto e na violación, que se estima que sexan entre oito e dez persoas. Ata o momento só está confirmada a detención de tres dos implicados que, segundo a policía, admitiron os feitos, aínda que as autoridades non precisaron en que delitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade