Publicador de contidos
Publicador de contidos

A industria galega do metal atravesa unha "situación insostible" pola suba dos prezos da enerxía

A industria galega do metal atravesa unha "situación insostible" pola suba dos prezos da enerxía

A escalada de prezos afecta a 60 empresas sobre as que hai xa risco de peche.

Desde Asime reclaman que a UE aborde unha reforma profunda do mercado enerxético

G24.gal 29/10/2022 14:43 Última actualización 29/10/2022 15:30

A escalada dos prezos da enerxía afoga economicamente toda a industria galega, especialmente a electrointensiva, como é o caso das industrias do metal, especialmente da automoción, fabricantes de maquinaria, extrusionadoras de aluminio, fundicións...

Segundo a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, máis de 60 empresas están pensando en pechar, algunhas delas definitivamente, as súas plantas ou factorías, en eliminar quendas ou en parar parte da produción. Esta situación afecta a uns 1.800 traballadores.

"As empresas están xa negociando os ERE e ERTE provocados en exclusiva polo custo da enerxía. Onte mesmo algunhas empresas nos chamaban e nos amosaban unha factura eléctrica que representaba dez veces o custo da enerxía de hai un ano", asegura Enrique Mallón, presidente de Asime.

Reclaman que a UE aborde unha reforma profunda do mercado enerxético. Piden axudas para que as industrias poidan facer fronte á suba dos custos da electricidade.

"Estamos vendo como países como Alemaña achegaron máis de 200 mil millóns de euros para intentar paliar ese custo para as empresas... e se non se fai a reforma inmediata do mercado eléctrico imos ter sempre ese custo desorbitado e sobre todo impredicible", engade.

Estas industrias están a buscar alternativas enerxéticas, como o hidróxeno verde, a eólica mariña ou a instalación de placas fotovoltaicas, pero son medidas insuficientes, aseguran, para que as empresas sexan competitivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade