Cargando resultados...
A iniciativa "A proxección sonora" achega a música á comunidade xorda
A iniciativa "A proxección sonora" achega a música á comunidade xorda
Un concerto no Muncyt pechou o proxecto pedagóxico
G24.gal
07/05/2022 21:39
Última actualización 07/05/2022 21:50
O Festival RESIS presentou no Muncyt da Coruña o resultado do proxecto "A proxección sonora", unha iniciativa que trata de achegar a música contemporánea e experimental ás persoas con discapacidade auditiva.
Os participantes realizaron varios talleres baixo a dirección de Pulso Ensemble. Traballaron a improvisación, a creatividade, a música escrita e a creación artística con novos medios tecnóloxicos. Os obradoiros foron tamén punto de encontro e de diálogo con diversos músicos galegos.