Publicador de contidos
Publicador de contidos

A innovación é o selo da XXXI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

A innovación é o selo da XXXI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

Á inauguración asistiu a vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz 

Encontro de palilleiras veteranas na inauguración da mostra
G24.gal 27/03/2024 21:14 Última actualización 27/03/2024 21:35

Tras trinta anos, a Mostra de Encaixe de Camariñas número 31 reinvéntase como nos conta Dolores Lema, directora da mostra.

"Mostrar a aplicación do encaixe nunha colección de look totalmente deportiva e cores alegres".

A innovación chega da man dun espazo de gastronomía renovado e das coleccións de anos anteriores que se mostrarán a partir de mañá no novo espazo Reencáixame. Para abrir boca, esta tarde, tras a inauguración coa presenza da vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, tocoulles a quenda aos desfiles tradicionais Pequencaixe e Grandes Deseñadores.

"Estar cada ano é unha alegría e innovar cada ano, seguimos niso", di Lema.

A mostra quere crear máis canteira e ensinarlles as posibilidades do encaixe ás novas deseñadoras, explícanos Beatriz Dios, profesora de encaixe.

"Antigamente eran mantelerías, cousas do enxoval pero agora é todo roupa, logo o que lles chama a atención é facer o desfile e cando están facendo a puntilla xa están imaxinando onde a van poñer. Futuras deseñadoras hai un montón en Camariñas".

Ao tempo, buscan que para as veteranas palillar sexa un pasatempo, máis ca unha profesión. Nuca, por exemplo, palilleira desde pequena, di que non sabería estar sen palillar.

"Moi entretidas estamos, entón non valoras tanto o que che paguen senón o estares entretida. Porque che falta o palillar e parece que che falta todo porque non sabes a onde ir. Parece que agora hai auxe pero sobe todo e os prezos que pagan, a nós non nos soben".

Magdalena palilla desde hai pouco.

"Para pasar o tempo, como afección, para quitar o estrés, para desconectar un pouquiño".

Firmas destacadas do mundo da moda como Modesto Lomba, Dolores Cortés ou Ana Cabrano xa encontraron inspiración para as súas coleccións no encaixe de Camariñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade