Publicador de contidos
Publicador de contidos

A inscrición na FP medrou un 43 % nos últimos cinco anos

A inscrición na FP medrou un 43 % nos últimos cinco anos

A FP facilita unha integración máis rápida no mercado laboral

G24.gal 13/06/2022 14:54

Amplíase a oferta de especialidades e o interese dos alumnos pola Formación Profesional. 
No centro integrado de Someso na Coruña teñen matriculados este ano 1.400 alumnos. Víctor Moreno, director do CIPFP Someso di que a FP goza de gran prestixio hoxe en día, froito de traballo de anos e de moita xente.

A Formación Profesional deixou de ser para moitos estudantes unha alternativa de menor rango.
A FP facilita unha integración máis rápida no mercado laboral. Nalgunhas especialidades, como por exemplo as relacionadas coa construción, a integración laboral roza o 100 %.

Moi atractivas para os estudantes resultan as especialidades de formación dual, que combinan os estudos con prácticas remuneradas en empresas. Hai alumnos de todas as idades, non só xente nova. É tamén unha oportunidade completar a formación para xente xa incorporada ao mercado laboral. As matriculacións medraron un 43 % nos últimos cinco anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade