A ITV volve aos procedementos previos á pandemia
A ITV volve aos procedementos previos á pandemia
Os inspectores poden volver entrar no interior dos vehículos
As restricións que rexeron durante a pandemia e ata hai unha semana impedían que os inspectores accedesen dentro dos vehículos.
Revisar cintos, espellos interiores, alarmas... Iso facíase doutro xeito, pero dous puntos quedaban sen facer.
Un, a comprobación directa do número de bastidor nos coches que o levan no habitáculo. E outro, a revisión do chamado OBD, o sistema electrónico que controla a emisión de elementos contaminantes.
Agora, os inspectores xa poden volver entrar nos vehículos para facer estas comprobacións.
En Galicia pasan anualmente a ITV máis dun millón e medio de vehículos nas 26 estacións fixas e dez móbiles habilitadas para as inspeccións. Pero aínda así, segue a haber moito, e perigoso, absentismo.
No conxunto de España os datos son peores e as estatísticas din que o absentismo chega ao 40 por cento.