A Lavacolla apenas sente a primeira xornada das folgas de xullo en Ryanair
A Lavacolla apenas sente a primeira xornada das folgas de xullo en Ryanair
Explican os sindicatos que a empresa non respecta os servizos mínimos, e por iso confían no efecto acumulación de horas e atrasos noutros aeroportos para facer sentir as súas reivindicacións
A folga de Ryanair ocasiona a cancelación de 13 voos en aeroportos españois
Van ser en total doce xornadas de folga, catro días por semana ata finais de xullo. Esta semana de martes a venres, e as dúas vindeiras de luns a xoves.
Hoxe na Lavacolla, un dos dez aeroportos españois onde opera a compañia irlandesa, apenas houbo incidencias. Explican os sindicatos que a empresa non respecta os servizos mínimos, e por iso confían no efecto acumulación de horas e atrasos noutros aeroportos para facer sentir as súas reivindicacións.
Acusan a Ryanair de incumprir as sentenzas xudiciais e de coaccionar os traballadores.
"Recibín un burofax dicindo que me despedían por facer folga o día 30", explica un azafato despedido.
Laura Caballero Azafata de USO "Non podemos garantir que vaian saír os voos nin que poidamos paralos. Facemos o que podemos. Non queremos deixar a ninguén en terra, pero a compañía non quere negociar con nós e non temos outra alternativa", di Laura Caballero, azafata de USO.
.