Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Lei de Memoria Democrática, pactada con Bildu, divide os partidos políticos

A Lei de Memoria Democrática, pactada con Bildu, divide os partidos políticos

Foi o pano de fondo no acto de Ermua en homenaxe a Miguel Ángel Blanco 

A oposición repróchalle ao Goberno que pactara o texto con Bildu 

G24.gal 11/07/2022 07:54

O rei chamou á unidade do espírito de Ermua cos principais partidos divididos polos acordos do Goberno con Bildu. Especialmente, polo último, sobre a lei de memoria democrática, que aproba este xoves o Congreso. 

A oposición reprochoulle a Sánchez que acudise a Ermua a falar das vítimas e siga pactando coa esquerda abertzale. O PP defende que a lei de memoria democrática recoñeza a historia do terrorismo con bos e malos, vítimas e verdugos.

Tamén Ciudadanos acusa o Goberno de equidistancia e endurece as críticas. O PSOE pide unidade e non utilizar a historia e ETA para dividir. Tamén no PNV piden evitar discrepancias.

No acto de Ermua non participaron nin representantes da esquerda abertzale nin de Vox. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade