Publicador de contidos
Publicador de contidos

A lei de vivenda quedará definitivamente aprobada horas antes da campaña do 28-M

A lei de vivenda quedará definitivamente aprobada horas antes da campaña do 28-M

Os socialistas prevén aprobala no Congreso o próximo xoves 27 de abril

Feijóo proponlle ao Goberno un pacto de Estado de vivenda e axudas públicas para facilitar o acceso á vivenda dos mozos

Feijóo presentou hoxe o primeiro paquete de medidas para facilitar o acceso á vivenda
G24.gal 18/04/2023 14:15

A lei de vivenda pasa o primeiro trámite no Congreso e os socialistas agardan que se aprobe o xoves da próxima semana. Unha vez superada esa votación, deberá ser ratificada no seguinte pleno que se celebre no Senado. Será na semana do 9 de maio.

A última votación e, polo tanto, a entrada en vigor da norma, producirase entre o 10 ou 11 de maio, horas antes de que arranque a campaña electoral do 28-M, o 12 de maio. Unha tramitación rápida que moitos grupos consideran unha forma chapuceira de traballar.

Esta nova norma, como pasou coa do 'só si é si', tamén nace rodeada de polémica. Neste caso varias polémicas. Formacións nacionalistas, coma o PNV critican que invade competencias das comunidades autónomas. Outros grupos non descartan que algúns dos seus artigos sexan incluso insconstitucionais.

Bildu, un dos impulsores negan que invada competencias. Recoñecen que nun primeiro momento si o facía, pero que "agora, tras as correccións que se fixeron, non".

Pero se en algo coinciden uns e outros é que os socialistas apuran agora esta lei por unha cuestión electoral. Podemos celebra o cambio de criterio. Lembra que esta lei nace dunha proposta súa que os socialistas desbotaron ata agora. Os socialistas defenden unha norma que segundo Patxi López, "converte un problema nun dereito".

O PP tacha as medidas de erráticas, insuficientes e ineficientes. E proponlle ao Goberno asinar un pacto de Estado. Feijóo presentou este mediodía algunhas das propostas do partido para facilitar o acceso á vivenda dos mozos. Comprométese a axudar a súa emancipación con mil euros, avalar o que custa a fianza en caso de que decidan alugar ou avalar o 15 por cento do que custa un piso para aqueles que queiran mercar. Tamén a garantir a seguridade xurídica dos propietarios. A proposta do PP é desaloxar as ocupacións ilegais en 24 horas. 

Pero a iniciativa dos populares tamén recolle medidas relacionadas co solo. O PP propón aumentar as cesións de terreo público para abaratar un 40 por cento o prezo do alugueiro en España.

Na práctica, vén replicar o plan VIVE da Comunidade de Madrid, que consiste en ceder terreos da rexión a construtoras que se comprometan a establecer un prezo substancialmente máis baixo do que fixa a media do mercado. 

Esta lei de vivenda impón topes no alugueiro. Unha medida que esperta incertezas no sector inmobiliario galego. A conselleira de Vivenda convocou o venres o Observatorio da Vivenda para analizar a situación. Angeles Vázquez cre que a norma pode ser inconstitucional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade