A Liga denunciará a Mollejo pola súa celebración no gol do Zaragoza
A Liga denunciará a Mollejo pola súa celebración no gol do Zaragoza
O xogador agarrou os xenitais e pediu desculpas ao final do partido
O partido entre o Cartaxena e o Zaragoza pasará á historia polo terceiro gol marcado por Mollejo. Máis que polo gol, pola súa celebración. O ex-xogador do Deportivo agarrou os xenitais ao estilo de Rubiales na final da Copa do Mundo feminina.
Minutos máis tarde de verense as imaxes, a Liga informou que ía denunciar diante do Comité de Competición o xogador polo seu xesto na celebración.
O Zaragoza tampouco tardou en reaccionar e fixo unha mensaxe en redes sociais en que Víctor Mollejo pide desculpas pola celebración: "Non corresponde á educación que teño, arrepíntome moito. Non me dirixía a ninguén en concreto".
🚨👉🏽 Víctor Mollejo pide perdón por la celebración del gol cogiéndose sus partes
— Carrusel Deportivo (@carrusel) September 10, 2023
💭 "Es un gesto que no corresponde con la educación que tengo y me arrepiendo mucho"pic.twitter.com/M9kjpyzqDw