Publicador de contidos
Publicador de contidos

A lingua e a palabra, protagonistas nas redes sociais

A lingua e a palabra, protagonistas nas redes sociais

A Xunta premia as mellores declaracións de amor en galego na undécima edición do certame Lingua de namorar

Pretende premiar o uso da palabra e do galego nas relacións que ten a mocidade en Internet e nas redes sociais 

 

G24.gal 14/05/2022 21:02 Última actualización 14/05/2022 21:27

Fomentar o uso da lingua entre a mocidade é un dos obxectivos da Lingua de namorar, o certame que pon en marcha todos os anos a Xunta. Pretende premiar o uso da palabra e do galego nas relacións que ten a mocidade en Internet e nas redes sociais. 

#Pulsión é a declaración de amor que gañou nesta edición na modalidade de Instagram. Escribiuna Sofía Muñoz e recibiu máis de 600 likes.

"Na congregación de mensaxes atemporais conflúe a secuencia de pulsións que aviva o
itinerario compartido", reza a mensaxe.

Enfermeira, amante da arte e da cultura, utiliza a palabra como ferramenta para expresar as súas emocións. E faino a través das redes sociais, un medio no que se pode fomentar a escrita e a lingua.

Calquera recuncho é sen dúbida unha boa fonte de inspiración. Porque esta cambadesa asegúranos que seguirá escribindo e compartindo con todos nós esoutra vocación, a de namorarnos coas palabras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade