Publicador de contidos
Publicador de contidos

A luz marca o prezo máis baixo desde que comezou a invasión de Ucraína

A luz marca o prezo máis baixo desde que comezou a invasión de Ucraína

O mínimo, de 40,32 euros/MWh, pagarase entre as 15:00 e as 16:00 horas

G24.gal 16/04/2022 08:22

O prezo da electricidade no mercado almacenista baixa este sábado máis dun 22 % ata situarse nos 153,85 euros o megawatt hora (euros/MWh), o máis baixo desde que comezou a invasión rusa de Ucraína.

Malia o descenso, o cuarto consecutivo, case triplica o importe que marcou hai un ano (68,93 euros), pero sitúase máis dun 25 % por baixo respecto ás cifras do 24 de febreiro, cando comezou a invasión rusa de Ucraína.

Por franxas horarias, o prezo máximo deste sábado (222,43 euros/MWh) rexistrouse entre as 00:00 e a 1:00 da madrugada. O mínimo, de 40,32 euros/MWh, pagarase entre as 15:00 e as 16:00 horas.

Nos 16 primeiros días de abril, o prezo da electricidade alcanza de media os 213,96 euros/MWh, un 25 % menos ca o valor de marzo, o mes máis caro da historia (283,3 euros/MWh), e case duplica o prezo medio de 2021 (111,4 euros/MWh), o máis alto desde que existen rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade