Cargando resultados...
A luz subirá este martes ao seu terceiro prezo máis alto: 459,4 euros/MWh
A luz subirá este martes ao seu terceiro prezo máis alto: 459,4 euros/MWh
Se non existise este tope, este martes alcanzaríase o segundo prezo máis alto da historia
G24.gal
29/08/2022 16:39
A electricidade sobe este martes case nun 9 % ata os 459,4 euros o megawatt hora, o terceiro prezo máis alto desde que hai rexistros.
Ademais é tamén o prezo máis alto desde que o pasado 15 de xuño entrou en vigor o tope ao prezo do gas. A pesar da suba, aínda se sitúa un 16 % debaixo do máximo de 544,98 € rexistrado en marzo, dúas semanas despois da invasión rusa a Ucraína.
Segundo os datos do operador do mercado eléctrico OMIE e o Mercado Ibérico do Gas, se non existise este tope, este martes alcanzaríase o segundo prezo máis alto da historia.