A luz baixa este martes case un 7 %
A luz baixa este martes case un 7 %
O prezo medio é de 69,56 euros/MWh
A factura subirá un 5 % a partir de xaneiro na tarifa regulada
O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado grosista baixa este martes 12 de decembro un 6,8 % con respecto aos datos do luns, ata os 69,56 euros por megawatt hora (MWh).
O prezo máximo, de 92,13 euros/MWh, rexistrarase entre as 19:00 e as 20:00 horas, mentres que o prezo mínimo, de 49 euros/MWh, darase entre as 04:00 e as 05:00 horas, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE) recollidos por Europa Press.
A factura subirá en xaneiro por un cambio na tarifa regulada
A factura da luz vailles subir un 5 % a partir de xaneiro a oito millóns e medio de españois. O motivo é que entra en vigor un cambio na tarifa regulada que aprobou o Goberno.
Con esa reforma queren reducir a volatilidade de prezos e evitar subas desproporcionadas por crises enerxéticas, como a derivada da invasión de Ucraína.