Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mariña, con seca prolongada, ten seis concellos con restricións

A Mariña, con seca prolongada, ten seis concellos con restricións

A Hidrográfica Miño-Sil alenta a que se reduza o consumo de auga

G24.gal 19/08/2023 14:06 Última actualización 19/08/2023 14:27

O alcalde e o tenente de alcalde de Xermade achegáronse esta mañá a comprobar o nivel dos depósitos.

Están contentos pola choiva dests mañá que repercutirá, por exemplo, no que beben as vacas.

Na provincia de Lugo unha decena de concellos restrinxiron o uso non prioritario da auga: non encher pisicnas ou non regar xardíns.
A zona máis afectada é A Mariña, declara en estado de seca prolongada; pero máis cara ao sur da provincia, a Confederación Hidrográfica MIño-Sil tamén alentou aos concellos a tomar medidas para reducir o consumo.
Hais uns anos, en Galicia isto era impensable.

Segundo os expertos, cómpre acompañar as medidas restritivas coa mellora na eficiencia nas redes de abastecemento, coa adaptación das depuradoras para o aproveitamento da auga rexenerada ou a modernización de regadíos coas novas tecnoloxías.
Con todo, hai que interiorizar que a auga é un recurso limitado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade