Publicador de contidos
Publicador de contidos

A máscara deixa de ser obrigatoria nos centros de traballo "con carácter xeral"

A máscara deixa de ser obrigatoria nos centros de traballo "con carácter xeral"

O Goberno aproba o decreto para suspender a obriga de levar a máscara nos espazos interiores a partir deste mércores

Segue sendo necesario levar máscara en centros sanitarios, sociosanitarios e transporte público

Os servizos de prevención de riscos laborais deberán facer un estudo dos postos nas empresas para poder obrigar os traballadores a poñela

Nos ámbitos escolares "non se usará en ningún caso"

A norma xeral elimina a obriga de levar máscara en interiores (EFE/Mariscal)
G24.gal 19/04/2022 13:43

O Consello de Ministros aprobou este martes a nova norma sobre o uso de máscaras que elimina a obrigación de levala na maior parte dos interiores, excepto en centros sanitarios e sociosanitanitarios e en todos os transportes.

O real decreto, que entrará en vigor mañá unha vez se publique no Boletín Oficial do Estado (BOE), deixa en mans das empresas a potestade de impor ou non o seu uso aos traballadores a partir da valoración que fagan os servizos de prevención de riscos laborais. Non obstante, "con carácter xeral non resultará obrigatoria a máscara", dixo a ministra de Sanidade Carolina Darias.

Tamén foi contundente para falar dos colexios e centros educativos. "Nos ámbitos escolares non se usará en ningún caso", afirmou Darias. Nestes lugares xa non será obrigatorio levar máscara nas aulas, aínda que si se aconsellará para os profesores con algunha vulnerabilidade.

Tampouco se vai esixir en comercios, supermercados, restaurantes e bares, ximnasios, teatros, cinemas ou concertos, pero si será recomendable para persoas con factores de risco.

Espazos en que haberá que usar máscara

En ámbitos sanitarios, terán que poñela visitantes e traballadores de hospitais, centros de saúde ou de transfusión de sangue e farmacias, salvo para as persoas que estean ingresadas, ou residencias, en que tampouco os maiores terán que poñela.

Tamén a deberá usar toda a poboación en transporte aéreo, por ferrocarril, por cable, autobuses e VTC. Darias aclarou que só será obrigatoria dentro dos transportes, pero non nos accesos ás estacións nin tampouco nas plataformas de espera. No caso dos barcos haberá que usar a máscara cando non se poida manter 1,5 metros de distancia.

Segundo o Goberno, a decisión que hoxe se toma é posible porque a situación da pandemia así o permite: á "altísima cobertura de vacina", do 92 % en maiores de 12 anos, súmanse uns indicadores á baixa e unha diminución da gravidade da enfermidade, explicou en conferencia de prensa a ministra de Sanidade Carolina Darias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade