Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mensaxe do Celta a Fredi e aos xogadores: "Non renunciar a nada e que compitamos"

A mensaxe do Celta a Fredi e aos xogadores: "Non renunciar a nada e que compitamos"

Ten a 24 xogadores dispoñibles, todos os que teñen ficha salvo o lesionado Coke Carrillo

G24.gal 31/05/2024 15:42 Última actualización 31/05/2024 15:52

O adestrador da Celta Fortuna, Fredi Álvarez, apelou este venres para gozar do play-off de ascenso ante o Málaga.

"Moitos xogadores xa viviron xogar un play-off a tempada pasada. Sabemos que nos enfrontamos a equipos con potencial grande e ou equipo ten ilusión, ambición e confianza".

Ten a 24 xogadores dispoñibles, todos os que teñen ficha salvo o lesionado Coke Carrillo e os xogadores que non baixan do primeiro equipo, Carlos Domínguez e Hugo Sotelo.

Ao moañés non lle preocupa especialmente o feito de xogar a volta fóra, pero si que a igualada beneficie ao rival.

"O factor campo non me preocupa, preocúpame o resultado e que en caso de empate teñen as de gañar. O factor campo cambiou hai anos que xogar en cada primeiro pódeche dar unha vantaxe que tes que saber xestionar na volta. No noso estadio somos fortes", sinala.

A mensaxe que lle transmite o club é: "Non renunciar a nada, que compitamos"

Fredi revelou que estivo con Claudio Giráldez na despedida do club o domingo e revelou un secreto desa charla, así como que o porriñés ten previsto acudir a Málaga.

"Falamos, intercambiando opinións e Claudio díxome que nun partido de pretemporada do Celta Fortuna co Coruxo díxolle ao seu corpo técnico que nos iamos atopar ao Málaga no play-off e iámolos eliminar. Díxome que estará en Málaga a semana que vén".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar