Publicador de contidos
Publicador de contidos

A militancia socialista da Coruña elixe o líder provincial entre dous candidatos

A militancia socialista da Coruña elixe o líder provincial entre dous candidatos

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e a deputada autonómica Noa Díaz  aspiran ao cargo

G24.gal 30/01/2022 13:45

Os socialistas coruñeses elixen este domingo o seu líder provincial para os próximos catro anos entre dous aspirantes.

Son o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, afín ao líder actual do PSdeG, Valentín González Formoso, e a deputada autonómica Noa Díaz, próxima a Gonzalo Caballero.

A deputada autonómica, Noa Díaz, deposita o seu voto A deputada autonómica, Noa Díaz, deposita o seu voto

Neste proceso interno están chamados a votar os 3.900 militantes que o partido ten na Coruña, a provincia na que están afiliadas máis persoas.

Poderán exercer o seu dereito ao voto nos 65 centros de votación habilitados nas distintas agrupacións ao longo de toda a xornada. 

Momento da votación do alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Momento da votación do alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade