Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diana Morant: "Pasamos de fuga de cerebros a recrutar científicos e tecnólogos"

Diana Morant: "Pasamos de fuga de cerebros a recrutar científicos e tecnólogos"

A ministra de Ciencia explica nunha entrevista no Bos días as conclusións da V Reunión Iberoamericana de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, que se clausura este xoves en Santiago

G24.gal 03/11/2022 11:09

A ministra de Ciencia Diana Morant valora moi positivamente o aumento de contratacións no ámbito tecnolóxico e científico. Asegura que isto é unha consecuencia da aposta do Goberno pola ciencia que se plasma na lei do sector e se traduce na colaboración público-privada no ámbito científico.

"O sector que máis medrou é o relacionado coa informática e as telecomunicacións, é dicir, a innovación. E o terceiro son as actividades científicas e técnicas. Entre os dous suman máis de 200.000 novos empregos no noso país. Pasamos da fuga de cerebros a recrutar científicos e tecnólogos, porque son o noso gran capital", asegurou a ministra de Ciencia nunha entrevista no Bos días.

Morant clausurou este mediodía en Santiago a V Reunión Iberoamericana de ministros de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Entre as conclusións do encontro, a aposta polo traballo conxunto ante os retos globais.

"Todos coincidimos en que é a ciencia a que ten que achegar os coñecementos necesarios e en como temos que traballar na rede. Neste encontro preparamos conclusións sobre como a ciencia ten que estar á disposición da cidadanía, como ten que garantir que a tecnoloxía cubra os dereitos dixitais das persoas e como ten que coidar dos investigadores e investigadoras", dixo Diana Morant.

O encontro serviu de preparación para o Cumio Iberoamericano que se vai celebrar en marzo na República Dominicana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade