Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ministra de Defensa preside os actos do día do Carme na Escola Naval de Marín

A ministra de Defensa preside os actos do día do Carme na Escola Naval de Marín

Celebrouse a tradicional xura de bandeira coa graduación de 121 novos oficiais da Armada

A ministra de Defensa Margarita Robles preside os actos na escola naval de Marín
G24.gal 16/07/2023 22:39

121 alumnos e alumnas deste Escola Naval Militar de Marín, recibiron este domingo coincidindo co día do Carme os reais despachos de emprego que os converten en novos oficiais da Armada.

Foi nun acto castrense ao que asistiron diferentes autoridades civís e militares e que estivo presidido pola ministra de Defensa, Margarita Robles, quen pasou revista ao batallón de alumnos e alumnas.

Previamente, os aspirantes de primeiro ano, preto de oitenta, xuraron bandeira, unha cerimonia, con varios actos. Entre eles a imposición de condecoracións aos novos oficiais que obtiveron o número un das súas promocións, de feito, o presidente da Xunta, entregou o sabre ao alférez de navío don Francisco Javier Vélez Peinado, que posteriormente desfilaron baixo a bandeira como despedida da Escola Naval.

Houbo unha homenaxe aos caídos para rematar co himno da Armada e un último desfile deste batallón de alumnos e alumnas. Os novos oficiais, que se despiden desta Escola Naval Militar de Marín, foron recibidos pola ministra Margarita Robles, xa nun acto máis informal no que non faltaron os agradecementos a estes novos mariños polo seu compromiso. 

Tras a foto oficial, estes 121 oficiais abandonarán a escola tras finalizar a súa carreira para incorporarse 109 deles aos seus novos destinos dentro da Armada, e os 12 restantes nas súas homólogas do Perú (1), Tailandia, (1) e Arabia Saudita, (10).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade