A ministra Reyes Maroto, candidata do PSOE á alcaldía de Madrid
A ministra Reyes Maroto, candidata do PSOE á alcaldía de Madrid
A titular de Industria confirmou a súa candidatura arroupada por seis ministros socialistas: "Quero ser a próxima alcaldesa de Madrid"
Seguirá exercendo como ministra ata o inicio da campaña das eleccións municipais de maio de 2023
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, confirmou que aspira a ser a candidata do PSOE ao Concello de Madrid, e así llo trasladou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e ao líder dos socialistas madrileños, Juan Lobato.
"Quero ser a próxima alcaldesa de Madrid, vou deixarme a pel nesta tarefa", dixo na inauguración dunha xornada de turismo, onde estivo arroupada por seis ministros socialistas, ademais de Juan Lobato, así como a portavoz do Concello de Madrid, Mar Espinar, e a concelleira Enma López.
Posteriormente, en declaracións aos medios, comentou que seguirá exercendo como ministra ata o inicio da campaña das eleccións municipais de maio de 2023.
Ao acto tamén asistiron o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán; o portavoz socialista no Congreso dos Deputados, Patxi López.
Maroto agradeceu na súa intervención a presenza de todos os seus compañeiros no acto, especialmente das dúas concelleiras do PSOE, que ata o de agora non confirmaron se participarán no proceso de primarias, algo que parece practicamente descartado co seu apoio público á candidatura da ministra.