Publicador de contidos
Publicador de contidos

A movida en Betanzos comeza a ser un problema para os veciños

A movida en Betanzos comeza a ser un problema para os veciños

Veñen autobuses con mozos doutros concellos para saír de festa, que xa se estende de xoves a domingo

G24.gal 31/08/2023 16:22

En Betanzos, os veciños están a sufrir de xoves a domingo. "Non imos consentir que a diversión duns prexudique a saúde doutros".

"Isto é un descontrol, empezan ás 11, convértese nun botellón, a música está moi alta e vibra a casa", contan algúns veciños. 

E todo, din, por cinco locais que hai nesta beirarrúa, aos que acoden centos de mozos, moitos mesmo chegados de fóra, en autobuses desde A Coruña. Hai veciños que aseguran que algúns locais non piden os carnés de identidade.

Din que están desesperados e xa reclamaron coñecer as licenzas destes negocios. Teñen claro que van seguir loitando ata facer cumprir a normativa, porque están con pelexas, ruídos, inseguridade viaria, sucidade, estragos nos portais..., segundo as súas queixas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar