A nai de Edwin, un dos falecidos no afundimento do Pitanxo, clama por xustiza
A nai de Edwin, un dos falecidos no afundimento do Pitanxo, clama por xustiza
A morte do seu fillo deixouna sen ingresos
Co Pitanxo afundiron os soños e o futuro de moitas persoas e familias; unha delas é Gloria Salinas, a nai de Edwin, un dos desaparecidos. Baixo o mar quedou o seu primoxénito co que tiña gran complicidade e que axudaba tamén economicamente.
Agora aos seus 65 anos quedou sen ingresos, sen traballo e non ten pensión de xubilación. Porén o seu grande interese é que se faga xustiza e sentirse máis preto do seu fillo.
Na medida do posible Gloria tenta que participar nas xuntanzas como a última de Marín ou nas accións reivindicativas. E sobre todo grazas a estar en Galicia coñeceu aos dous últimos fillos dos catro que tivo Edwin. Agora tamén busca traballo, mentres agarda que a xustiza decida se merece unha compensación.