Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nai de Nerea Añel volve sinalar o noivo da súa filla como culpable do asasinato

A nai de Nerea Añel volve sinalar o noivo da súa filla como culpable do asasinato

"Este personaxe maltratou as súas parellas e mesmo os seus pais", manifesta Belén Vázquez nas redes sociais sobre o que era o noivo da súa filla

Di que está disposta a exhumar o cadáver se é preciso

Dúas testemuñas declararon en dependencias xudiciais que presenciaran varios episodios de malos tratos a Nerea Añel

G24.gal 10/02/2022 13:57

"Este personaxe maltratou as súas parellas e mesmo os seus pais". Así se manifesta Belén Vázquez nas redes sociais sobre o que era o noivo da súa filla, Nerea Añel.

A muller di estar desconsolada polo feito de que aínda non haxa acusación formal contra o mozo que é o principal sospeitoso da súa morte. Asegura que ten máis de 40 condenas por diferentes delitos violentos e malia que está no cárcere pronto sairá e teme máis vítimas.

Belén Vázquez quere que o acusen formalmente porque está convencida de que foi el o que acabou coa vida da súa filla. Di que ata está disposta a exhumar o cadáver se así o precisan.

A causa segue aberta e dúas testemuñas declararon en dependencias xudiciais que presenciaran varios episodios de malos tratos a Nerea Añel.

A última vez que a viron con vida foi con el nun motel de Barbadás. Apareceu morta oito meses despois nunha aldea abandonada preto dese lugar.

A través das redes sociais, a nai de Nerea pide a colaboración cidadá para que se concentren no xulgado e conseguir que o que era o noivo da súa filla responda por estes feitos diante do xuíz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos