Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atrasos e cancelacións no aeroporto de Alvedro pola néboa

Atrasos e cancelacións no aeroporto de Alvedro pola néboa

O avión da compañía Volotea procedente de Bilbao foi desviado a Asturias

Dous voos con orixe en Madrid, un de Air Europa e outro de Iberia, foron derivados a Santiago

G24.gal 11/07/2022 10:57 Última actualización 11/07/2022 14:24

A néboa obrigou a desviar a Asturias e a Santiago os tres primeiros voos da mañá deste luns no aeroporto de Alvedro, na Coruña.

Segundo informaron fontes de AENA, os bancos de néboa que afectan á primeira hora da mañá varias zonas de Galicia impediu que tomasen terra na terminal coruñesa tres voos.

O avión da compañía Volotea procedente de Bilbao foi desviado a Asturias, mentres que dous voos con orixe en Madrid —un de Air Europa e outro de Iberia— foron derivados a Santiago.

Nin a terminal compostelá nin a de Peinador rexistraron polo momento incidencias asociadas aos bancos de néboa que se reparten por Galicia.

A situación foi mellorando ao longo da mañá a medida que a néboa ía desaparecendo. O avión procedente de Málaga ás 10.30 puido aterrar con normalidade e Volotea enviou un avión baleiro dende Francia para que os pasaxeiros que voaban a Bilbao ás 12.30 puideran facelo. Aínda así, había enfado e sorpresa entres os viaxeiros.

As obras na pista do aeródromo coruñés seguirán durante polo menos un mes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade