Cargando resultados...
A Nosa Señora da Franqueira, na Cañiza, celebra as pascuíñas
A Nosa Señora da Franqueira, na Cañiza, celebra as pascuíñas
Os saúdos e reverencias, no que participan unhas 70 imaxes, é o acto central do día
G24.gal
29/05/2023 16:31
Día de romaría este luns no concello da Cañiza. Celébrase as Pascuíñas, unha festa que cada ano congrega milleiros de persoas mo santuario da Franqueira.
Aos romeiros pouco lles importa madrugar. Camiñan moitos quilómetros dende as súas parroquias acompañando os seus santos e virxes, ataviados para a ocasión.
Son máis de setenta imaxes que no camiño e na Franqueira protagonizan un acto ancestral, o dos saúdos e reverencias.
É unha tradición que se transmite de xeración en xeración e que une os veciños.
Será un día de festa para milleiros de persoas. Na Franqueira non faltarán tampouco a boa comida e moita troula.