Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova autovía entre Vigo e O Porriño, máis preto

A nova autovía entre Vigo e O Porriño, máis preto

Un túnel que evite as curvas e os tramos máis perigosos da A-55, a autovía con maior concentración de accidentes de Galicia

G24.gal 21/12/2022 17:26

O proxecto da nova autovía que enlazará Vigo co Porriño avanza un paso máis. Antes do verán está previsto someter a información pública este proxecto.

A maior parte do trazado será un túnel, para salvar as partes máis conflitivas da actual A-55.

Un túnel que evite as curvas e os tramos máis perigosos da A-55, a autovía con maior concentración de accidentes de Galicia. É o proxecto en que traballa o Goberno.

O túnel, cunha lonxitude de 4,2 quilómetros, contará cun orzamento duns 300 millóns de euros. Comezaría á altura do seminario da avenida de Madrid en Vigo ata o enlace coa A-52.

O alcalde de Vigo mantivo unha reunión co director xeral de Estradas en que lle avanzou que xa están rematando o proxecto para sometelo a información pública a mediados de 2023. As demandas de mellora para esta vía véñense repetindo dende hai anos.

O Ministerio de Transportes tamén se comprometeu a humanizar a autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo evitando os ruídos, e tamén se estende o convenio para humanizar a avenida de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade