Cargando resultados...
A nova dirección do PSdeG-PSOE cambia de voceiro parlamentario
A nova dirección do PSdeG-PSOE cambia de voceiro parlamentario
A nova cúpula socialista dirixida por Valentín Gonzalez Formoso baralla varios nomes para reemprazar a Caballero
G24.gal
12/01/2022 08:21
Esta fin de semana a dirección do PSdeG vai rematar os cambios provocados polo seu último congreso coa substitución do exsecretario xeral Gonzalo Caballero como voceiro no Parlamento.
A nova cúpula socialista dirixida por Valentín Gonzalez Formoso baralla varios nomes para substituír a Caballero. Os dous que máis soan son o lucense Luís Álvarez e o arousán Xulio Torrado.
Fontes próximas a Gonzalo Caballero aseguran que vai continuar como deputado ata o final da lexislatura e que o seu papel no grupo vai depender de como finalicen as primarias provinciais que se están celebrando.