A nova Lei de xogo de Galicia busca protexer os menores e colectivos vulnerables
A nova Lei de xogo de Galicia busca protexer os menores e colectivos vulnerables
Segundo o Observatorio Español de Drogas e Adicións, máis do 20 por cento dos rapaces de entre 14 e 18 anos apostaron en xogos durante o último ano
A facilidade de acceso, debido as novas tecnoloxías, e as campañas de publicidade fan que cada vez máis menores xoguen apostando diñeiro. Unha situación, subliña o Responsable da Unidade de Condutas Aditivas de Ourense, Gerardo Flórez, que incrementará o número de persoas que padezan problemas de ludomanía.
A nova Lei de xogo de Galicia busca por freo a esta problemática limitando o número de locais e de máquinas de apostas ou comecartos. Estas deberán contar un dispositivo, semellante as de tabaco, que impida o seu uso por parte dos menores.
Tamén incrementa a distancia deste tipo de locais respecto aos centros educativos ata os 300 metros e se prohibe a publicidade e as bonificacións que alentar ao xogo.
Tanto os profesionais como os pais valoran positivamente estas medidas aínda que subliñan que a principal problemática está na dificultade de controlar os xogos en liña, un aspecto sobre o que non incide esta lei xa que é competencia estatal.