Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diego Calvo, sobre a lei do xogo: "Póñense máis controis de acceso aos establecementos, e na hostalería faise unha prohibición expresa"

Diego Calvo, sobre a lei do xogo: "Póñense máis controis de acceso aos establecementos, e na hostalería faise unha prohibición expresa"

"Na hostalería limitamos a dúas máquinas por local; as máquinas comecartos e as de apostas, que terán que levar un dispositivo semellante a unha máquina de tabaco para poder usarse"

G24.gal 05/07/2023 09:27

O Parlamento galego acaba de aprobar un dos grandes proxectos lexislativos do goberno de Alfonso Rueda: a lei reguladora dos xogos en Galicia.

A norma renova un texto de 1985, e para falar dela e das principais novidades que achega estivo no programa Bos días Diego Calvo, vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O conselleiro dixo que era unha lei que necesitaba un cambio urxente e que levaba moito tempo tramitándose. 

"Era unha da lei que habia de adaptar con urxencia. O xogo cambiou moito, as novas tectnoloxías fixeron que cambiara radicalmente. Foi unha mágoa que só se aprobara cos votos do Partido Popular, malia ter aceptadas a metada das emendas da oposición, non apoiaron a lei", segundo Calvo.

A oposición falaba de falta de ambición na regulación para a protección para os menores.

"Póñense máis controis de acceso aos establecementos de xogo, e na hostalería faise unha prohibición expresa. Ademais limitamos a dúas máquinas por local: as máquinas comecartos e as de apostas, que terán que levar un dispoitio semellante a unha máquina de tabaco para poder usarse. A instalación de máquinas non é unha obriga por parte da hostalería. Se as poñen é porque lles reporta beneficios. Pero do mesmo xeito que non se vende alcol e non se pode deixar xogar a menores", dixo o conselleiro.

Actualmente, a distancia de 150 metros entre establementos de xogo calcúlase tendo en conta as vías que usaría unha persoa para ir andando dun punto a outro. Coa nova lei pasarase a medir radialmente, co que na práctica a distancia será maior. 

Agora fixaranse eses 300 metros entre calquera tipo de establecemento de xogo, sexan do tipo que sexan. Isto é, un salón de xogo terá que estar como mínimo a 300 metros de distancia doutro salón de xogo, pero tamén dunha tenda de apostas ou dun bingo.

"A adicción é un problema presencial e tamén on-line . Desde a Xunta non podemos regular o xogo on-line. O Goberno central é o competente e non fixeron nada", afirmou o vicepresidente primeiro.

A nova lei tamén limita o número de salóns de xogo, tendas de apostas e bingos.

"O primeiro que fixemos foi blindar o número de establecementos, non van poder medrar as concesións existentes. Unhas concesións que duran 15 anos, Despois, ao renovar terán que cumprir coa normativa e van ter que reorganizarse no futuro para respectar a nova lei", asegurou Diego Calvo. 

Non se poderá facer publicidade nos medios públicos galegos, e hai distintas consellerías involucradas traballando na prevención.

"Creamos o observatorio do xogo, onde está o sector e varias consellerías. Hai que ir vendo como evoluciona o sector e falar de prevención, para concienciar os rapaces e rapazas do perigo da adicción e o seu tratamento, dous ámbitos que entran dentro das competencias da Eduación e da Sanidade", segundo o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade