Cargando resultados...
A Xunta pide "certezas" e prazos concretos para a posta en marcha do AVE entre Vigo e O Porto
A Xunta pide "certezas" e prazos concretos para a posta en marcha do AVE entre Vigo e O Porto
O Goberno anunciou que as obras comezarán no 2029, polo que non estará listo para o prazo establecido de 2032
Imaxe de arquivo dun tren AVE
G24.gal
17/07/2024 15:49
A Xunta pide "certezas" e prazos concretos para a posta en marcha do AVE entre Vigo e O Porto. O Goberno anunciou que as obras comezarán no 2029, e iso significa que non poderá cumprir o compromiso da posta en marcha desa liña no ano 2032.
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, expuxo que como levan demandando desde a Xunta desde hai tempo, a alta velocidade non vai conectar Galicia con Portugal para o ano marcado. Polo tanto, pediu que lles "digan os prazos" e "con que orzamento se van cumprir".