Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe ofreceu arredor de 20.000 prazas de tren máis esta fin de semana

Renfe ofreceu arredor de 20.000 prazas de tren máis esta fin de semana

En total puxo á venda medio millón de prazas no conxunto de España

G24.gal 01/09/2024 14:22

A maioría dos viaxeiros cos que falamos na estación de tren da Coruña despedíanse das vacacións e emprendían a volta á rutina.

"Levamos varios días viaxando por diferentes sitios de Galicia e esta foi a última parada e xa volvemos á nosa cidade, Barcelona. Acabáronse as vacacións", explica unha moza.

"Acabáronse. Hai que ir traballar", lamenta un home.

"Estudo en Salamanca e vou de volta aos estudos, ás clases", conta unha rapaza.

Os liberados de estudos ou traballos tamén partían con certa morriña.

"Eu estou xubilado e estou de vacacións sempre, non teño problema, pero aquí estiven moi ben, con moi bo tempo. Cuberto, pero A Coruña está máis bonita con algo de nubes", asegura un viaxeiro.

"En Madrid estabamos con preto de 40 graos todos os días e viñemos aquí e foi un pracer", apunta outro.

"Viñemos coidar o neto e agora de retorno á casa. Os fillos tiñan unha voda e chamáronos para coidar o neto. Non foron vacacións, foi traballo dabondo, pero encantados", afirma unha parella.

Con motivo da operación retorno, Renfe incrementou a súa oferta habitual de fin de semana no conxunto de España con arredor de 20.000 cadeiras de reforzo nas liñas máis demandas e puxo en total á venda medio millón de prazas. Ao longo do verán puxéronse a disposición dos viaxeiros preto de oito millóns catrocentas mil prazas de tren en España.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade