Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gran demanda na alta velocidade cara a Madrid esta fin de semana

Gran demanda na alta velocidade cara a Madrid esta fin de semana

A operación retorno xa se nota nas estacións de tren

Hai unha demanda máis alta de idas a Madrid na fin de semana

G24.gal 29/08/2024 14:29

A volta das vacacións pode ser moi pesada, e na estación de tren de Ourense atopamos viaxeiros frecuentes que xa teñen ben controlado como facer para retornar tranquilamente cara ao traballo ou os estudos: cada un ten os seus métodos.

As persoas usuarias das conexións de alta velocidade con Madrid son coñecedoras das datas e días da semana en que se complica mercar billete. 

Ás portas da última fin de semana de agosto a operación retorno, por tren, xa está en marcha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade