Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova subvariante, coñecida como ómicron silenciosa, xa está en Galicia

A nova subvariante, coñecida como ómicron silenciosa, xa está en Galicia

Non é máis agresiva que a orixinal, pero si que se expande máis rapidamente

Aparece cunha carga viral do 1,33 %  nas augas residuais da Coruña 

Darias fai un chamamento á tranquilidade fronte á variante silenciosa da ómicron

G24.gal 27/01/2022 17:01

Os investigadores de CovidBens atoparon a variante BA.2 de ómicron no 1,33 % das augas residuais da Coruña. É máis difícil de detectar, pero non máis agresiva que a orixinal. Porén, a previsión é que avance en pouco tempo.

Margarita Poza Domínguez, microbióloga do Instituto de Investigación Biomédica, así o conta:

"Ten máis capacidade de replicación viral, polo que se supón que en pouco tempo será capaz de desprazar a outra variante de ómicron que temos agora predominando".

Aínda é cedo para saber o impacto desta mutación. Está xa en 35 países e a OMS tena baixo vixilancia porque disparou as infeccións en países como Dinamarca. Iso si, polo momento, non amosou ser máis grave que a variante actual.

"Non se observa máis gravidade, pero si que se expande rapidamente", di a científica.

Nas augas da depuradora da Coruña segue a dominar nun 97 % a variante ómicron. Malia que en CovidBens xa notan unha meseta nos contaxios, advirten que a carga viral segue a ser altísima.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade