Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OCDE rebaixa o crecemento da economía española, lonxe da previsión do Goberno

A OCDE rebaixa o crecemento da economía española, lonxe da previsión do Goberno

Rebaixa dous puntos a perspectiva de crecemento do PIB pola inflación e o lixeiro impacto ata agora da implementación dos fondos europeos

G24.gal 01/12/2021 12:34

O Goberno non revisou polo de agora as súas previsións económicas, pese a que os prezos seguen á alza e a nova variante pode ter impacto nas actividades económicas.

Quen si o fixo este mércores foi a Organización para a Cooperación e Desenvolvemento, a OCDE, que rebaixou o crecemento da nosa economía.

Prognostica que medraremos este ano tan só o 4,5 %, cando o Goberno prevé o 6,5. Son dous puntos menos. Para o ano que vén, 2022, a OCDE vaticina un PIB do 5,5 %. O Goberno, dun 7.

A consecuencia de todo iso é que España non volverá recuperar o nivel de actividade que tiña a finais de 2019, antes de que estalase a crise do coronavirus, ata o primeiro trimestre de 2023, un ano no que a progresión do produto interior bruto debería ser do 3,8 %  

A análise da OCDE coincide esencialmente co que fixo fai tres semanas a Comisión Europea, que predixo un crecemento en España do 4,6 % en 2021 e do 5,5 % en 2022.

Pese a esta nova rebaixa da previsión de crecemento para España, o Goberno non tocou aínda as súas. Malia as subas de prezos, e á espera do impacto que poida ter e a nova variante. o Executivo di que a recuperación é sólida. E avanza que os datos de paro de novembro, que se publican mañá, van ser históricos en creación de emprego. Pola, contra, a oposición ve a España no furgón de cola da reactivación económica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade