Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OCDE rebaixa o crecemento de España en 2023 ao 1,5 %

A OCDE rebaixa o crecemento de España en 2023 ao 1,5 %

Alemaña entrará o vindeiro ano en recesión

O organismo mellora tres décimas as previsión para España e sitúao no 4,4% do PIB

G24.gal 26/09/2022 11:24

O produto interior bruto (PIB) de España rexistrará un crecemento do 1,5 % en 2023, o que supón o maior alza entre as catro grandes economías que conforman a zona euro, segundo as previsións que publicou este luns a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE). 

O recorte de previsións foi o menor entre os seus pares, con axuste de sete décimas. Con todo, queda por debaixo do 2% que agarda agora o Goberno, tras abandonar a previsión do 2,7 % do seu último cadro macroeconómico. 

Desta forma, a OCDE revisou en 2,4 puntos á baixa o crecemento de Alemaña, que entrará nunha recesión do 0,7 % o ano que vén. Do seu lado, Francia crecerá un 0,6 %, oito décimas menos; e Italia avanzará un 0,4 %, tamén oito décimas menos.  

Con respecto ás estimacións para 2022, España é o país que máis crecerá entre as outras tres grandes economías do euro, cun 4,4 (tres décimas máis que as previsións anteriores).  A organización móstrase máis optimista que a ministra de Facenda, María Jesús Montero, que o pasado xoves reduciu tamén as súas expectativas a un crecemento do 4 %.

O PIB de Alemaña expandirase un 1,2 %, sete décimas menos, mentres que o Francia crecerá un 2,6, dúas décimas máis, e o de Italia elevarase un 3,4 %, nove décimas máis.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade