A octoxenaria evacuada nun incendio en Carballedo permanece ingresada na UCI do CHUAC
A octoxenaria evacuada nun incendio en Carballedo permanece ingresada na UCI do CHUAC
A muller, que sufriu queimaduras, foi rescatada polo veciños
Un matrimonio de octoxenarios foi evacuado ao arderlles a cociña da súa vivenda, no lugar de Ceides, en Carballedo. En canto souberon do acontecido, os veciños rescataron a dona da casa e axudaron a combater o lume, nun primeiro momento con extintores.
Posteriormente, completaron os labores de extinción os bombeiros de Chantada.
José Ucha, dono da casa onde se declarou o incendio: "Grazas que era domingo e había moita xente aquí, que estivo axudando. Cando chegaron os bombeiros xa tiñamos o lume practicamente apagado. Foron os veciños os que fixeron o traballo máis grande".
Vicente Simón, sarxento dos bombeiros de Chantada: "Desprazouse a dotación con dous vehículos e ao chegar xa había varios veciños que baleiraran varios extintores, lograran extinguir superficialmente e lume e xa quitaran o matrimonio para fóra".
Debido ás queimaduras sufridas, a muller tivo que ser ingresada na unidade de queimados do CHUAC, na Coruña, onde permanece ingresada. Pola súa parte, o home xa está recuperado logo de inhalar unha gran cantidade de fume.
José Ucha, dono da casa onde se declarou o incendio: "Houbo que evacuala nunha ambulancia a Ourense e logo mandárona para queimados á Coruña, onde está ingresada na UCI. Segundo as informacións que teño, está estable. Dentro do malo, está ben".
Tocante aos danos materiais, ascenden a miles de euros, xa que as lapas afectaron o teito e mais o tellado da casa.