A ocupación hoteleira en Galicia para a ponte de decembro sitúase ao redor do 70 %
A ocupación hoteleira en Galicia para a ponte de decembro sitúase ao redor do 70 %
Chegarán principalmente familias doutras comunidades españolas en busca de gastronomía e oferta cultural
A ponte de decembro preséntase con boas expectativas para o sector turístico. Polo de agora a previsión de ocupación hoteleira achégase de media ao 70 %.
En Santiago agárdase que a ocupación aumente a partir do venres. Principalmente chegarán familias doutras comunidades españolas en busca de gastronomía e oferta cultural.
Entre as cidades, un ano máis Vigo aproveita a atracción das luces de Nadal con marcas de ocupación que se elevan ata o 95 %. No caso da Coruña, aproxímase ao 75 %. O turismo rural e tamén o termal rexistrarán días de intensa actividade. As previsións falan dunha ponte pasada por auga, mais este pode ser un atractivo para algúns destinos. O sector pon en valor a variedade da oferta turística dispoñible en Galicia.