A OMS avisa de que máis da metade de Europa se vai contaxiar por ómicron de aquí a marzo
A OMS avisa de que máis da metade de Europa se vai contaxiar por ómicron de aquí a marzo
A OMS di que a covid–19 non vai dar tregua nas próximas seis ou oito semanas
"As vacinas están funcionando", asegura a Organización Mundial da Saúde
A Organización Mundial da Saúde avisa de que máis da metade da poboación de Europa se vai contaxiar por ómicron de aquí a marzo, máis ou menos. Falan de seis ou oito semanas en que a covid–19 non dará tregua.
A OMS cualifica esta vaga de supercontaxio. Unha vaga que deixa cada día miles de novos infectados en todo o planeta. De feito, na primeira semana de 2022 houbo 7.000.000 de contaxiados en toda Europa, o dobre que a finais de 2021.
Con estes datos, a OMS, en especial o seu director para Europa, advirte que é cedo para cualificar ómicron , o virus da covid–19, como estacional, como se fose unha gripe. Piden non discriminar os non vacinados e insisten en que as vacinas contra a covid–19 están funcionando.