A OMS di que a nova hepatite infantil é un tema moi urxente
A OMS di que a nova hepatite infantil é un tema moi urxente
O organismo trata de saber que está causando estes casos, detectados en media ducia de países
A Organización Mundial da Saúde di que a nova hepatite infantil é un tema moi urxente. E asegura que lle están a dar prioridade absoluta. Asegurouno o director rexional de Emerxencia deste organismo, quen asegurou que xa están sobre aviso varios países.
O organismo trata de saber que está causando estes casos, detectados en media ducia de países. En España hai rexistrados 22, tres en Galicia, dos cales, dous na área de Vigo e un na da Coruña. Un dos nenos tivo que ser trasladado a un hospital de Madrid ao sufrir complicacións, pero evoluciona ben.
Deles, un requiriu un transplante de fígado e polo menos cinco tiveron que ingresar na UCI. A idade dos afectados oscila entre o mes de vida e os 16 anos.