Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Organización Mundial da Saúde alerta do aumento do acoso escolar en toda Europa

A Organización Mundial da Saúde alerta do aumento do acoso escolar en toda Europa

Un informe elaborado polo organismo analiza os datos de 44 países e rexións europeas

Un 15 % de adolescentes, de entre 11 e 15 anos, sufriu algún episodio no último mes

G24.gal 30/03/2024 14:05 Última actualización 30/03/2024 14:26

Un informe elaborado pola Organización Mundial da Saúde alerta dun aumento do acoso escolar en toda Europa. Desde o 2018, a porcentaxe de alumnado vítima de bullying aumentou do 12 % ao 15 %, e a proporción de alumnas que sufriron este problema subiu do 13 % ao 16 %.

A pesar de que en España tamén incrementou, mantense á cola de Europa: un 10,6 % do alumnado de entre 11 e 15 anos recoñece que sufriu ciberacoso. A OMS considera urxente tomar medidas para garantir a seguridade no espazo dixital.

Desde o 8 de xaneiro, o uso do teléfono móbil está prohibido nos centros educativos galegos na totalidade da xornada escolar.

Segundo o último informe PISA, o 8,5 % do alumnado galego de entre 15 e 16 anos foi vítima de acoso, un índice que sitúa a Galicia como a terceira comunidade con maior número de casos, despois das Canarias e Cataluña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade