Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ópera "Nihil" madruga no Gaiás para rachar coas tebras da sociedade tecnolóxica

A ópera "Nihil" madruga no Gaiás para rachar coas tebras da sociedade tecnolóxica

A proposta do compositor galego Ramón Souto confronta a anguria existencial do ser humano contemporáneo

G24.gal 08/05/2022 13:08

Na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, decidiron completar o festival de vangardas Escena do cambio con Nihil, a ópera-concerto do compositor vigués Ramón Souto.

Na proposta, moi madrugadora, o director enfronta o espectador tecnolóxico contemporáneo coa súa herdanza máis primixenia, a través dunha sucesión ininterrompida de sons, imaxes e interaccións mecánicas.

O fluír operístico transcorre mediante unha estrutura coral de músicos, tenores, sopranos e múltiples intervencións artísticas, avioneta incluída, que se fusionan no espazo aberto e embriagador do monte Gaiás.

Todo ocorre mentres os primeiros raios da alba rachan coas tebras da noite e deixan atrás os conflitos máis fondos da existencia humana. Esta experiencia multisensorial gozou dunha entregada acollida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade