Publicador de contidos
Publicador de contidos

A oposición da Coruña pide responsabilidades por supostas irregularidades do concelleiro de Urbanismo

A oposición da Coruña pide responsabilidades por supostas irregularidades do concelleiro de Urbanismo

PP e BNG forzan unha comisión de seguimento da xestión da alcaldesa e o seu equipo de goberno

G24.gal 11/04/2024 14:54

O responsable de Urbanismo do Concello da Coruña admite que mercou un inmoble hai dous anos para reformalo. José Manuel Lage Tuñas asegura que seguiu en todo momento o proceso que marca a lei e que delegou nunha empresa a tramitación urbanística absténdose no proceso da licenza municipal. E limita as denuncias de supostas irregularidades por parte da oposición a unha percepción contra a súa persoa.

"Unha cacería organizada contra a miña persoa porque lles resulto molesto. Saltaron as regras do xogo político acusándome dun delito", di Lage Tuñas.

Desde o BNG din que os informes técnicos acreditan que o concelleiro de Urbanismo fixo as obras de reforma sen licenza e non atendeu á paralización das obras feita polos funcionarios municipais.

"Hai que asumir que se actuou irregularmente. A alcaldesa debe pensar en depurar as responsabilidades políticas que se derivan desta actuación", defende Francisco Jorquera.

O Partido Popular asegura que o responsable de Urbanismo desaproveitou a oportunidade para dar explicacións pedidas desde a oposición. "Vostede veunos tomar o pelo. A pregunta é clara: fixo vostede obras sen licenza? E teño aquí a proba de que as fixo e que vostede mentiu. Se tivese algo de honorabilidade política, iríase", di Miguel Lorenzo.

O pleno da Coruña forzou cos votos a favor do Partido Popular e do BNG a creación dunha comisión de seguimento da xestión da alcaldesa e do seu equipo municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade