Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os produtores pesqueiros de Lugo recorrerán o veto á pesca de fondo

Os produtores pesqueiros de Lugo recorrerán o veto á pesca de fondo

Iniciaron xa o complexo proceso de recompilación de información executiva para documentar o recurso ante o Tribunal Xeral da Unión Europea

G24.gal 18/10/2022 14:32

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo vai presentar un recurso contra o veto á frota de fondo que establece a Comisión Europea. Iniciaron xa o complexo proceso de recompilación de información executiva para documentar o recurso.

Un veto que afecta duramente ao sector pesqueiro galego e que xa se está a notar nas lonxas.

O impacto do veto é brutal nesta primeira semana de implantación: a entrada de peixe nas lonxas galegas reduciuse un 60 por cento.

Detrás desta derruba nas capturas está a incerteza que a entrada en vigor da normativa europea xera no sector. Ante as dúbidas sobre as áreas vetadas, hai barcos que prefiren quedar amarrados e outros que, por cautela, cambian a zona de pesca por outras menos ricas.

Na Mariña lucense, de momento, pesca toda a frota e no mercado esta mañá o volume de peixe era o habitual.

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo vai presentar un recurso contra o veto á pesca de fondo ante o Tribunal Xeral da Unión Europea.

Sergio López, xerente da organización de produtores pesqueiros de Lugo di que o recurso se vai centrar nas especificacións técnicas que ten a flota de palangre de fondo como arte que non ten practicamente ningún impacto no fondo mariño pero tamén na afectación tan grande que ten este regulamento nas zonas de pesca.

Tamén solicitarán a suspensión cautelar da norma porque se a xustiza tarda en resolver un par de anos o prexuízo á frota galega podería ser irreparable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade