A paisaxe da Ribeira Sacra aspira a ser Patrimonio Mundial en 2026
A paisaxe da Ribeira Sacra aspira a ser Patrimonio Mundial en 2026
O Consello de Patrimonio Histórico elixiuna candidata por unanimidade
A proposta apóiase nos seus valores etnográficos asociados á auga
O Consello do Patrimonio Histórico elixiu por unanimidade a Ribeira Sacra como a próxima proposta de España á lista do Patrimonio Mundial da Unesco.
A candidatura apoiase na relación establecida durante séculos entre esta paisaxe abrupta, a auga e os seus poboadores.
"Na Ribeira Sacra é claro que os nosos valores teñen que ver coa construción por parte dos seus habitantes ao longo da historia", subliña o coordinador da candidatura, Mario Crecente.
A forma dos terreos de cultivo é o exemplo máis destacado.
"96.000 parcelas que presentamos que 1.100 anos despois seguen conservando esa parcelación miúda, esa construción en socalcos. Enxeñería inversa da auga, no sentido en que se xoga co exceso da auga, coa drenaxe, coa humidade", explica Mario Crecente.
O coordinador da candidatura destaca que a Ribeira Sacra conserva mostras do valor cultural da auga desde o século quinto.
"Incluso a estrutura parroquial está construída en torno á agua, en torno aos leitos, en torno ás fontes, a un cachón... A auga dá a característica a este territorio e pensamos tamén que debe ser a que nos leve a bo porto coa candidatura".
A candidatura presentarase ante a UNESCO o ano que vén e a súa inclusión debaterase na reunión do comité de avaliación do organismo internacional en 2026.