Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este sábado melloran as condicións de traballo e retributivas dos traballadores do Sergas

Este sábado melloran as condicións de traballo e retributivas dos traballadores do Sergas

As gardas de domingos e en días festivos, o plus de festividade sobe un 16 por cento, pero o importe completo non se aboará ata xaneiro

G24.gal 29/06/2023 14:36

Aos 43.000 traballadores do Sergas váiselles reducir neste 2023 a súa xornada en 21 horas. Continuará a redución no 24 e no 25, cando xa terán a xornada de 35 horas semanais. Coa chegada do mes de xullo, auméntaselles a retribución polas gardas, case un oito por cento nos días laborables.

As gardas de domingos e en días festivos, o plus de festividade sobe un 16 por cento, pero o importe completo non se aboará ata xaneiro do 2024. Desta forma, segundo a Consellería de Sanidade, os salarios dos traballadores do Sergas en atención continuada e en gardas estará por riba do resto de comunidades autónomas. 

Outra medida pretende incentivar os médicos para que fagan gardas. Cobrarán máis, 37 euros a hora se fan cinco ou máis gardas ao mes. Esta medida entrará en vigor en xaneiro do ano que vén. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos