Publicador de contidos
Publicador de contidos

A peregrinación Iacobus Maris entrou este martes en augas galegas

A peregrinación Iacobus Maris entrou este martes en augas galegas

O intercambio cultural a bordo destes barcos é igual ca en calquera outra ruta xacobea

G24.gal 20/07/2022 21:47 Última actualización 20/07/2022 22:03

Os barcos da peregrinación Iacobus Maris están xa ao abrigo da ría de Pontevedra. Por diante quédanlles aínda dúas xornadas de convivencia a bordo.

No mar o intercambio cultural é tan intenso como en calquera outro Camiño de Santiago. O Camiño Xacobeo por mar da Iacobus Maris tamén permite que xente de diferentes culturas comparta camarotes, tarefas domésticas, gardas e traballos de navegación.

Na goleta onde embarcou o equipo da Galega, a Atyla, viaxan 15 estudantes de todo o mundo, bolseiros do programa Compostela, que están a vivir esa enriquecedora experiencia mentres peregrinan a Santiago.

Tamén fixeron intercambio de tripulantes os militares dos barcos das armadas francesa e española.

O mércores navegarán todos os barcos participantes de Sanxenxo ata as Illas Cíes, na penúltima etapa desta singular peregrinación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar